Xuntanza en Chantada para debater o futuro do turismo rural

Forma parte dun novo proxecto sobre dinamización rural para fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos máis desfavorecidos

No Auditorio do Concello do Saviñao en Escairón tivo lugara a primeira reunión da Comunidade Rural Montes de Saberes. Foto FACH.

O Auditorio Municipal de Chantada acolle o 13 de maio, de 17 a 19 horas, unha importante xuntanza organizada por Acción contra a Fame en colaboración co Concello de Chantada. O obxectivo deste encontro é centrarse no ámbito do turismo e abrir un diálogo construtivo sobre o futuro deste sector na nosa contorna. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, financiado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE. Pretende ser o punto de partida dun percorrido destinado a que entidades, empresas e cidadanía xeral poidan dialogar, descubrir potenciais, analizar sinerxias e colaborar para construír un futuro sostible e consciente en consonancia co desenvolvemento rural.
Acción contra a Fame fai un chamamento a todas aquelas persoas profesionais do sector turístico e a todas as interesadas en explorar novas oportunidades neste eido. Están especialmente convidados estudantes, asociacións, persoas desempregadas, emprendedoras, empresas do sector primario ou de servizos, entre outros. O evento conta con representación do Concello de Chantada e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e abordaranse temas como financiación, desestacionalización, profesionalización, emprego, actividades complementarias e moitos máis. Con esta abordaxe participativa, buscamos identificar ideas e obxectivos que permitan dar continuidade a estas xuntanzas, sempre coa finalidade de crear e mellorar oportunidades laborais e dinamizar o noso territorio rural. Para máis información ou para confirmar a asistencia, pódese contactar chamando ao teléfono 648 16 68 48 ou enviando un correo electrónico a arandolfe@accioncontraelhambre.org.
Dentro deste mesmo proxecto dinamizador promovido por Acción contra a Fame, o Auditorio do Concello do Saviñao en Escairón foi o escenario da primeira reunión da Comunidade Rural Montes de Saberes, no marco do proxecto Comunidades Rurais financiado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE. Destacaron os poñentes, representantes de diferentes áreas relacionadas co rural, quen expuxeron as potencialidades das comunidades de montes para xerar emprego e profesionalizar o rural. Na xornada, os asistentes abordaron as limitacións e retos que enfrontan as Comunidades de Montes tanto de forma legal, territorial, poboacional coma de recursos. Todos eles destacaron as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes, subliñando o papel fundamental do desenvolvemento e implementación de actividades produtivas nos montes para favorecer a fixación poboacional e xerar postos de traballo. O obxectivo principal do encontro foi identificar aquelas Comunidades interesadas en xestionar os seus recursos, utilizando ao programa de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible como vehículo de acompañamento para a súa execución e desenvolvemento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Apostando pola Rehabilitación: Galicia impulsa programas para a recuperación do patrimonio urbano

Seguinte Nova

Acelera PEMES: asesoramento dixital para o tecido empresarial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss