
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, destacou en Lalín aos socialistas galegos como os únicos capacitados para defender os intereses de Galicia no Parlamento Europeo. Segundo Besteiro, os socialistas «realmente cremos en Europa», fronte a unha dereita cegada pola competencia coa ultradereita e outras opcións de esquerda que «non saben que estamos en 2024, en plena eclosión e defensa da UE».
Gómez Besteiro realizou estas declaracións xunto co candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, quen tamén subliñou a relevancia de que o galego teña unha maior presenza nas institucións da Unión Europea. “É fundamental que a nosa lingua, que contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia, tamén teña recoñecemento e uso oficial no Parlamento Europeo e outras institucións comunitarias, reflectindo así a diversidade e identidade de todos os cidadáns europeos”.•