Denuncian a carencia de psiquiatras no Hospital de Monforte

Foto: iStock

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Zona Sur de Lugo (Pladesapu) denuncia novamente a persistente falta de médicos no hospital comarcal, unha situación que se converteu na norma no centro sanitario. Despois de máis dun ano sen contar cun rehabilitador, o servizo de psiquiatría atópase agora totalmente desmantelado. As patoloxías mentais, cada vez máis presentes na sociedade actual, esixen unha atención continuada e adecuada. Mentres a Organización Mundial da Saúde (OMS) insiste na importancia crecente do coidado da saúde mental, a xerencia do hospital monfortino deixou o centro sen psiquiatras. Esta carencia tradúcese en listas de espera inasumibles, con pacientes crónicos que levan máis dun ano sen recibir revisións, o que provoca reagudizacións evitables que rematan en ingresos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
A situación tamén afecta directamente á saturación das urxencias, onde os doentes acoden en busca de axuda. Ademais, a escaseza de ambulancias agrávase, xa que mentres están a trasladar estes pacientes ás unidades de psiquiatría correspondentes, non poden atender outras emerxencias, incrementando os custos económicos ao mobilizar ambulancias con enfermeiros e, en moitos casos, celadores se o estado do paciente así o require.
Pladesapu insta á xerencia do hospital a tomar medidas urxentes para resolver esta situación e tratar a saúde mental dos cidadáns con seriedade e responsabilidade. A Plataforma destaca que a atención adecuada podería evitar moitos ingresos hospitalarios e mellorar substancialmente a calidade de vida dos pacientes con patoloxías mentais na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carreira Popular Rota do Románico de Pantón

Seguinte Nova

O IES Daviña Rey celebrou unhas Xornadas Profesionais coa participación de empresas e emprendedores locais

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss