A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, inaugurou hoxe no Centro Cívico as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia«. Proxecto de democratización do coñecemento”. Este programa, froito do acordo entre o Concello e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), ofrece formación universitaria gratuíta a maiores de 50 anos.
Na inauguración, acompañada pola Directora do Programa Universitario de Maiores, Mª Esther Olveira Olveira, Prada destacou a importancia destas xornadas para a poboación maior de 50 anos, permitindo o acceso a coñecementos sen necesidade de formación previa específica. Nesta quinta edición en Monforte, o programa acadou un éxito rotundo con 42 inscritos.•