As numerosas iniciativas culturais e formativas que están a xurdir en torno á Ribeira Sacra ofrecen oportunidades sumamente destacables, e impensables non hai moito tempo. Entre elas, destaca “A Plantación”, que nos brinda a posibilidade de disfrutar na Casa Gran de Rosende, do 30 de xuño ao 5 de xullo, dun taller sobre Proxectos Fotográficos e Creatividade, impartido por un dos máis consagrados fotógrafos españoles, Javier Vallhonrat.
Nado en Madrid en 1953, Vallhonrat é Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Madrid e en Psicoloxía pola Universidade de Comillas de Madrid. Con 40 anos de intensa labor docente en institucións artísticas de 11 países, o seu traballo artístico foi recoñecido con múltiples premios, incluíndo o Premio Nacional de Fotografía en 1995 e o Premio Bartolomé Ros de PhotoEspaña 2007. A súa obra artística, exposta en destacados museos de todo o mundo, é descrita como melancólica e misteriosa, con imaxes que convidan á reflexión e deixan vagar á imaxinación. A súa fascinante experimentación co color e a iluminación crea unha especie de pintura fotográfica, recordando ao impresionismo.
O taller na Casa Gran de Rosende promete mergullar aos participantes nunha experiencia enriquecedora, onde poderán explorar a creatividade e a técnica fotográfica dun mestre recoñecido internacionalmente.