
A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Casa da Música de Chantada para mellorar as condicións dos 500 estudantes deste centro. A Casa da Música, que acolle alumnos desde os 4 anos ata máis de 90, ofrece formación en instrumentos clásicos e modernos, danza e canto. Un dos aspectos máis destacados do centro é a promoción da mestura de instrumentos e a creación de Combos, pequenas agrupacións que se presentan en concertos. Ademais, cada ano celébrase un acto de fin de curso onde o alumnado amosa os avances realizados. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, eloxiou o traballo da entidade e salientou o seu esforzo por potenciar e difundir a música entre todas as xeracións. Pola súa parte, o presidente da Casa da Música, Pablo Dafonte, subliñou que o acordo coa Deputación permitirá mellorar o equipamento do centro.•