Rozalén, Álex Ubago, Álvaro de Luna, La La Love You, Rosa Cedrón, Nómada Trío, os grupos Malenne e Cool Flanders e as orquestras Panorama, Costa Dorada, Acordes, Miramar e o grupo América de Vigo, completa o cartel de actuacións

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria, deu a coñecer esta semana o programa de Concertos Musicais das próximas Festas Patronais, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto de 2024. Segundo explicou o rexedor monfortino, o obxectivo deste programa é ofrecer unha variada selección musical que satisfaga aos monfortinos e visitantes de todas as idades e gustos.
A programación inclúe seis concertos principai. O investimento total na contratación dos artistas e grupos musicais deste ano ascende a 360.000€.
Destacan os concertos de Rosa Cedrón e Nómada Trío na Praza de España, que abrirán as festividades despois do pregón. Así mesmo, estarán presentes artistas de renome como Rozalén, Álex Ubago, Álvaro de Luna e La La Love You. Cada actuación será acompañada por orquestras e grupos locais, como Cool Flanders e Malenne, promovendo tamén o talento local. E un ano máis, a Panorama estará en Monforte. •