Monforte presenta o “Programa Deportivo de Verán 2024”

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, presentou en rolda de prensa o «Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte 2024», acompañada polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e polo técnico de Deportes, Óscar Rodríguez.
Esta edición conta con catro actividades principais: o Campamento Deportivo de Verán, o XVIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo, cursos de natación na piscina climatizada municipal e un curso de tenis.
Prada destacou que «dende o Equipo de Goberno, organizamos esta nova edición motivados pola necesidade de conciliación familiar que teñen moitos monfortinos e monfortinas durante o verán e para ofrecer ós nosos nenos e nenas unha actividade divertida e saudable».
O Campamento Deportivo desenvolverase do 1 de xullo ao 14 de agosto, en tres quendas, cun total de 360 prazas. O Campus de Fútbol terá lugar do 29 de xullo ao 2 de agosto, con 100 prazas. Os cursos de natación ofertarán 308 prazas en modalidades infantís e adultas, mentres que o curso de tenis, do 1 de xullo ao 14 de agosto, terá 54 prazas dispoñibles.
Para participar, é necesario estar empadroado en Monforte ou que algún proxenitor ou avó o estea. «Este esforzo permítenos ofrecer 822 prazas, 8 máis que en 2023», concluíu Prada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inauguración das xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia”

Seguinte Nova

O Val de Lemos alevín, campión da súa liga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: