Novo programa para a contratación de menores de 30 anos en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar un novo programa denominado «1ª experiencia profesional», co que se incentivará a contratación de menores de 30 anos por parte de empresas, autónomos, sociedades civís e comunidades de bens. Con esta iniciativa, que conta cun orzamento global de preto de 4,2 millóns de euros, prevese a incorporación de entre 250 e 410 persoas mozas en toda a Comunidade. O programa ofrece axudas de ata 20.000 euros por persoa contratada mediante contratos formativos de doce meses de duración, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e dotar á mocidade de competencias para acceder a empregos estables e de calidade. Este programa é unha das medidas anunciadas polo presidente Alfonso Rueda para os primeiros 100 días da lexislatura. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración busca, a través desta nova orde, mellorar a empregabilidade da mocidade galega, un colectivo prioritario nas súas políticas, e reter o talento xuvenil na Comunidade.
A iniciativa caracterízase por ser un programa mixto que combina apoios económicos para a contratación a tempo completo e formación en competencias brandas, habilidades sociais e de comunicación, actitudes, e intelixencia social e emocional, moi demandadas no mercado laboral actual. Para atender as necesidades de emprego dos menores de 30 anos, articúlanse dúas liñas de axuda: unha dirixida á contratación de mozos e mozas con titulación ou certificación profesional, e outra para aqueles sen cualificación profesional recoñecida. En ambos casos, os contratos deben dirixirse a menores de 30 anos residentes en Galicia, en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego. A través deste programa, ofrécese un período de práctica profesional acompañado dun proceso de formación que facilitará a inserción laboral dos participantes, xa que ao finalizar contarán coas competencias necesarias para acceder a un emprego estable.
As axudas cobren os custos salariais dos postos de traballo, con contías que oscilan entre os 9.975 euros e os 16.625 euros, dependendo dos criterios establecidos. A estas cantidades súmanse os fondos destinados á formación en competencias brandas: 1.700 euros para formación presencial e 850 euros para teleformación.
As empresas interesadas en optar a estas axudas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 30 de setembro de 2024, ou ata que se esgote o crédito dispoñible.
Este novo programa insírese dentro dun conxunto de medidas da Xunta para fomentar o emprego xuvenil, unha aposta firme por políticas deseñadas especificamente para este sector. Outras iniciativas destacadas inclúen o programa «Investigo», destinado a xerar emprego xuvenil no eido da investigación, cun orzamento de 4,8 millóns de euros este ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de solicitudes para axudas de libros de texto e material escolar

Seguinte Nova

Besteiro reivindica ao PSdeG como defensor dos galegos en Europa

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss