O Albergue da Pobra do Brollón convida á Escapada á Guimaralia: unha fin de semana de descubrimento cultural e gastronómico

Foto: GPCAPB

O Albergue municipal da Pobra do Brollón e o Concello únense nunha iniciativa única: a Escapada á Guimaralia. Esta proposta, deseñada para os amantes da aventura e da cultura, ofrece un fin de semana completo para descubrir os tesouros da nosa comarca. A Escapada á Guimaralia ten lugar do sábado 8 ao domingo 9 de xuño e inclúe unha variada selección de actividades, aloxamento e gastronomía local. Desde un paseo pola Ribeira Sacra ata unha visita ao Casco Histórico da Pobra do Brollón, esta escapada promete momentos inesquecibles.
O sábado comeza cunha camiñada pola Ribeira Sacra, onde os participantes atravesarán viñedos e visitarán o xacemento de Os Conventos. Pola tarde, agárdanos unha cata musical nas adegas medievais de Vilachá, onde poderemos saborear viños locais ao son das melodías do músico Suso 40. O domingo, a aventura continúa cunha camiñada polo Camiño de Inverno ata o Castro de San Lourenzo en Cereixa, onde se fará unha parada para unha visita guiada. A ruta remata no lugar de memoria histórica da Casa de Repil, antes de desfrutar dunha comida no Fogón en Cereixa, coñecido pola súa exquisita parrillada, unha auténtica experiencia gastronómica.O prezo por persoa é de 65€ e inclúe todas as actividades, a cea do sábado, o almorzo e xantar do domingo, así como a durmida no Albergue da Pobra do Brollón. As reservas deben facerse antes do 2 de xuño contactando co Albergue no teléfono 609490941. Non perdas a oportunidade de descubrir a maxia da nosa terra con esta escapada única.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comunidades de Aprendizaxe «Montes de Saberes»

Seguinte Nova

A Conselleira do Medio Rural pon en valor as axudas para o fomento do castiñeiro na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: