O IES Daviña Rey celebrou unhas Xornadas Profesionais coa participación de empresas e emprendedores locais

Os participantes nas Xornadas, compartiron as súas historias de éxito e motivación cos estudantes de FP

Os estudantes asistentes a estas Xornadas Profesionais do IES Daviña Rey, estiveron moi receptivos ás opcións profesionais que desde o centro propuxéronlles. Foto IES Daviña Rey.

O pasado 22 de maio, ás 10:00h, o IES Daviña Rey acolleu unhas Xornadas Profesionais, un evento destinado a enriquecer o coñecemento dos estudantes de Formación Profesional (FP). Durante esta xornada, tres empresas de Monforte de ampla traxectoria, Sycime, Agrícola Pérez e Prodeme, así como un representante do Polo de Emprendemento local, compartiron as súas experiencias e visións sobre o mercado laboral no ámbito das titulacións de Elecrónica e Electricidade, Automoción e Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
Os representantes empresariais destacaron a importancia da formación de calidade e a gran demanda de titulados en FP que existe actualmente no mercado laboral. Amosaron a súa paixón polo traballo e a súa satisfacción coa calidade da formación que reciben os estudantes nestas áreas. Así mesmo, Alba Valdés, do Polo de Emprendemento de Monforte, animou aos asistentes a considerar o emprendemento como unha opción viable tras finalizar os seus estudos de FP.
Ademais das ponencias das empresas e emprendedores, exalumnos dos ciclos de Telecomunicacións, Automoción e Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Daviña Rey compartiron as súas experiencias de éxito e a rápida inserción laboral que lograron grazas á súa formación en FP. Estes relatos proporcionaron unha perspectiva máis próxima e realista sobre as oportunidades que ofrece a FP no mundo laboral actual.

CHARLA DE BRAIS MOURE
O evento culminou cunha inspiradora charla de Brais Moure, recoñecido programador informático e youtuber local, quen compartiu con humor e paixón a súa traxectoria profesional e os seus consellos para perseguir os soños laborais. Durante dúas horas, horas estudantes de 4º da ESO do IES de Quiroga, Escolapios , do CPR Ferroviario e do IES Daviña Rey, ademáis do alumnado deste centro de ciclos desfrutaron dunhas xornadas cheas de aprendizaxe e motivación. O IES Daviña Rey amosou o seu agradecemento pola participación das empresas, emprendedores e público asistente, así como o apoio dos medios locais, como Radio Monforte. Estas xornadas representan unha oportunidade única para os estudantes de FP de conectar co mundo laboral e tomar conciencia da importancia da formación de calidade e a paixón no desenvolvemento das súas carreiras profesionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Denuncian a carencia de psiquiatras no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Semente Ribeira Sacra busca emprendedores nos IES e Universidades

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

A %d blogueros les gusta esto: