Este sábado, 1 de xuño, o polígono de Morelle en Sarria acollerá a primeira Festa do Motor 4×4 Comarca de Sarria, organizada polo club “Os Carro x Catro”. A xornada, que busca consolidarse no calendario anual, destaca polas probas de habilidade nun circuíto especialmente acondicionado para a ocasión. A festa reunirá a preto de 100 participantes procedentes de toda Galicia, Asturias e Castela e León. Os vehículos participantes inclúen todoterreos, quads, motos e buggies. O programa comezará ás 09.30 cunha exhibición para mozos e cativos, seguida das probas de habilidade para motos e quads ás 10.45 horas, e para buggies e todoterreos ás 15.30 horas.
Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo, subliñou o labor dos organizadores, destacando a innovación desta nova festa. •