Todo listo para a XX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil

Este ano a Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil cumpre vinte anos, unha data sinalada, que, dende o concello invitan a celebrar cun atractivo programa de actos. Fotos ARQUIVO.

Ribas de Sil está a piques de celebrar unha das súas festas máis emblemáticas: a XX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite. Con motivo deste vixésimo aniversario, o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Angel Sotuela Vega, expresou a súa satisfacción e orgullo pola traxectoria desta celebración, que ao longo do tempo converteuse nunha auténtica exaltación dos produtos agrarios da comarca. «Este ano cumprimos vinte anos desde que comezamos coa Festa da Cereixa, que co paso do tempo se convertiu nunha festa de exaltación dos nosos produtos agrarios, mantendo o reclamo das nosas cereixas, puxemos en valor tamén o noso aceite e os nosos viños», sinalou o Alcalde Sotuela.
A festa, que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño en Ribas de Sil, promete ser unha experiencia inesquecible para veciños e visitantes por igual. O programa de actividades é variado e atractivo, ofrecendo desde degustacións de cereixas e produtos típicos ata actuacións musicais e exposicións de pintura.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

  • Sábado, 1 de Xuño: apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas e produtos típicos. Na Aula de Pesca, apertura da exposición de pintura e xornada de pintura ao aire libre.
    Actuación do grupo de Gaitas “O Recanto” ás 18:00.
    Actuación de Catuxa Salom ás 21:30.
  • Domingo, 2 de Xuño: apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas e produtos típicos. Exposición de Pintura na aula de pesca.
    Apertura durante todo o día do CIMAR e do CIRS, os dous museos do Xeoparque que temos en Ribas de Sil.
    Exposición da alfombra de flores do Corpus Christi no atrio da igrexa parroquial de San Clodio ás 11:00.
    Animación musical a cargo da charanga Km0 ás 11:30.
    Pregón a cargo de José Antonio Quiroga Díaz, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ás 13:00.
    Xa pola tarde: animación a cargo da charanga Km0 ás 18:00.Actuación de Paco Nogueiras ás 20:00.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Xeoparque Montañas do Courel acolle o IV Encontro dos Xeopícaros

Seguinte Nova

Comunidades de Aprendizaxe «Montes de Saberes»

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss