Ana Miranda, a voz galega en Europa

Foto: BNG

Nun acto celebrado con militantes e simpatizantes en Lugo, o BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto nas eleccións europeas do 9 de xuño. A candidata Mar Pérez Fra afirmou que «nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o traballo do BNG no Parlamento Europeo, a voz que defende os intereses da Galiza fronte ás políticas da Unión Europea». O evento contou coa participación do portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.
Pérez Fra subliñou o compromiso do BNG para continuar traballando en prol dos problemas dos galegos en Europa. «Desde o BNG imos traballar para que os problemas das galegas e galegos sigan tendo voz en Europa», declarou. Ademais, engadiu que seguirán levando a Bruxelas as problemáticas dos sectores produtivos, concellos e loitas sociais de Galicia.
A candidata explicou a visión do BNG para Galiza e Europa: «Queremos unha Galiza viva, forte e con futuro nunha Europa diferente, dos pobos e das persoas, dos dereitos sociais e da xustiza, que aposte polo respecto e a paz nas relacións internacionais».
Pérez Fra animou ás militantes e simpatizantes a difundir a mensaxe do partido. «Só se o BNG está, as galegas e galegos contaremos con representación no Parlamento Europeo», afirmou, comprometéndose a percorrer os concellos de Lugo nos próximos días para dar a coñecer as propostas do BNG.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festa de fin de tempada para o CV Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Nova sentenza favorable para o Concello de Monforte sobre a Zona C

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss