10 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética nas empresas turísticas

Entre as novidades desta edición están as achegas para instalar paneis fotovoltaicos e renovar electrodomésticos por outros máis eficientes. Foto ENVATO.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de anunciar que o Goberno autonómico investirá 10 millóns de euros nunha nova liña de axudas destinadas a promover melloras de eficiencia enerxética nas empresas turísticas da comunidade. Este programa, financiado con fondos europeos, ten como obxectivo modernizar e mellorar a competitividade do sector turístico galego, dando continuidade á liña de axudas lanzada o ano pasado por 7 millóns de euros, pero con condicións máis flexibles para facilitar a participación de máis empresas.

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACIÓN
Rueda explicou que esta edición inclúe varias novidades. Entre elas, destaca que as achegas poderán ser recibidas tanto por establecementos turísticos de aloxamento como de restauración, tales como bares, cafetarías e restaurantes. Ademais, poderase sufragar a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte, sen exixir unha antigüidade mínima dos mesmos, e tampouco haberá unha esixencia mínima de aforro enerxético.
Outra das novidades é a inclusión da instalación de paneis fotovoltaicos para consumo propio e a renovación de electrodomésticos por outros máis eficientes. A convocatoria será de concorrencia non competitiva, e a intensidade da axuda será de ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto, podendo chegar ao 80 % ou 90 % se se acreditan aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30 %.
Entre as accións subvencionables atópanse a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica para reducir a demanda en calefacción e climatización, así como a mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, incluíndo a substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica, xeotérmica ou biomasa. Tamén se inclúen subvencións para instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, melloras na eficiencia das instalacións de iluminación, e a renovación de electrodomésticos con clases enerxéticas máis eficientes. Adicionalmente, cubriranse sistemas de automatización e control da enerxía. Os gastos deberán ser realizados antes de abril de 2025.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentación do libro «Estanque de Tormentas», de Suso Vila

Seguinte Nova

Monforte apoia a cultura local con 12.000 euros en subvencións

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: