A Coral do Liceo de Ourense triunfa en Escairón

Foto: E. SAMPIL

A Coral do Liceo de Ourense, dirixida por Yolanda Grela Betoret, brindou un espléndido concerto de zarzuelas na igrexa de Escairón, ante os socios do Círculo Saviñao e os veciños da contorna. Este evento especial marcou o 26º aniversario de Grela ao frente desta agrupación musical, a que se considera a máis antiga de España.
Acompañados ó piano por Luis Humberto Cao, destacaron os solistas Elena Álvarez, Cristina Martínez, Basilio Fuentes, Orlando González e Eduardo Martínez. A directora, Yolanda Grela, tamén deixou patente o seu talento. O programa incluíu pezas como «La del soto del parral», «Luisa Fernanda», «Doña Francisquita» e «La Verbena de la Paloma», recibindo unha acollida entusiasta e aplausos unánimes.
Desde 1999, a Coral do Liceo de Ourense converteuse nunha presenza habitual nos eventos do Círculo Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Merecida homenaxe a Rafa Aguiar

Seguinte Nova

Arranca o programa “Da Escola á Granxa”

Últimas noticias sobre EVENTOS

Xornada Micolóxica en Pantón

Pantón acolle o domingo 17 unha xornada micolóxica, que inclúe unha charla sobre Introdución á Micoloxía e aos fungos medicinais, a cargo
Ir aInicio

Don't Miss