A Gala do Deporte en Quiroga celebra o fin de tempada das Escolas Deportivas

Na Gala do Deporte de Quiroga, tamén recoñeceu o talento e os logros dos deportistas locais.
Foto GPCQ.

O pasado sábado 8 de xuño pola noite, Quiroga celebrou por todo o alto a súa Gala do Deporte, un evento que non só puxo fin á tempada das Escolas Deportivas, senón que tamén recoñeceu o talento e os logros dos deportistas locais. O acto, presidido polo Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos, foi unha mostra do orgullo quirogues polos seus moitos e destacados atletas.
Marcos destacou a importancia de facer accesible o deporte a todos os veciños e veciñas de Quiroga, subliñando que o apoio dos pais e o esforzo dos nenos fan posible levar o nome do concello máis alá das súas fronteiras. Unha gran foto de familia pechou a ceremonia, simbolizando a unidade e o éxito colectivo da tempada deportiva.

MEDALLAS E DIPLOMAS
Cada deportista das Escolas Deportivas foi galardoado cunha medalla e un diploma, recordando os logros acadados nas distintas disciplinas ao longo do ano. Non faltou o recoñecemento aos equipos e clubs que destacaron máis aló do ámbito escolar, nin tampouco a homenaxe merecida a dous íconos do Quiroga FC que decidiron retirarse: Choco e Polín.

O DEPORTE NON PARA NO VERÁN
A Gala rematou cunha cea no restaurante Chapakuña, marcando o final dunha etapa, pero non do deporte en Quiroga. As ligas e copas darán paso a novos torneos como os de fútbol sala e fútbol sala feminino, campus de fútbol e voleibol, así como a emocionante carreira nocturna que se aproxima.
O seguinte evento destacado foi a participación dos equipos das Escolas Deportivas de Quiroga nas finais provinciais de voleibol no pavillón municipal o domingo pola mañá. As quiroguesas brillaron, conseguindo o subcampionato nas categorías benxamín e alevín, xunto aos equipos Emeve de Lugo, Korbis, Ribeira Sacra e Colexio Novo de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Pazo de Sabadelle abre a exposición “O tempo que ficou no olvido”

Seguinte Nova

A TVG mostra os encantos de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss