A socialista Pilar García Porto pide «menos fotos e máis traballo» ao Presidente da Xunta

Foto: ARQUIVO

A Secretaria de Organización Provincial do PSdeG en Lugo, Pilar García Porto, instou ao Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a priorizar o traballo serio sobre as fotos electoralistas, coa finalidade de avanzar no desdobramento do corredor Nadela-Monforte. «O que precisamos os veciños e veciñas desta provincia é acción real, non máis anuncios baleiros», declarou García Porto.
Estas declaracións foron realizadas logo da visita de Rueda ao Páramo, onde anunciou a saída a información pública do proxecto do treito Nadela-A Pobra de San Xiao.
García Porto criticou duramente este anuncio, calificándoo de electoralista e recordando os numerosos atrasos acumulados ao longo dos anos. «É vergonzoso que pretendan sacar peito por algo que leva anos de retraso», afirmou. «Necesitamos que traballen con seriedade para completar esta importante arteria de comunicación, e que deixen de enganar á veciñanza. É probable que non vexamos inaugurado este treito ata, polo menos, 2026».
A socialista subliñou a importancia de conectar o centro da provincia co sur, unha zona densamente poboada e de gran atractivo turístico, que precisa boas comunicacións. «A Xunta debería elaborar un proxecto global para completar os 54 quilómetros pendentes de desdobramento», sinalou. Criticou a política actual da Xunta de executar as obras en pequenos tramos, o que considera insuficiente. «Falamos dunha estrada con alto volume de tráfico, tanto de mercadorías como de turistas. Esta é unha demanda social avalada por acordos unánimes na Deputación e no Parlamento de Galicia».
García Porto tamén lembrou que a primeira licitación, a do treito A Pobra de San Xiao-Sarria, non se realizou ata 2017 e foi inaugurado cinco anos despois. En 2022, licitouse o tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, «uns 16 quilómetros que non se espera inaugurar ata 2026».
Insistiu na necesidade urxente de mellorar esta vía para reducir o número de accidentes, destacando as carencias de seguridade actuais que poderían ser resoltas co desdobramento. «Só apostando pola mobilidade, os servizos públicos e a economía poderemos acadar un desenvolvemento sostible que garanta as oportunidades no rural e un equilibrio territorial», concluíu Pilar García Porto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Impulso á conexión do sur da provincia de Lugo cun novo tramo da AG-22

Seguinte Nova

Satisfacción dos socialistas lucenses

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss