A Xunta visita as obras da futura residencia de maiores de Pantón

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado de alcaldes e políticos da comarca, durante a súa visita ás obras da nova resdencia de maiores de Pantón. Foto GPXG.

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou a pasada semana as obras da nova residencia de maiores en Pantón. Durante a visita, destacou a iniciativa dos concellos en crear recursos de atención próximos aos fogares das persoas maiores.
Acevedo subliñou o compromiso da Xunta, de destinar 18,5 millóns de euros de fondos europeos para fomentar a creación de centros residenciais e diúrnos de titularidade municipal. Este plan de investimento facilitará a creación de 650 novas prazas, mellorando así a calidade de vida dos maiores na comunidade.
As obras avanzan segundo o previsto, coa idea de incrementar a rede de atención sociosanitaria na provincia de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolle a XXXV edición das Xornadas da Rota do Románico

Seguinte Nova

Últimos días da exposición fotográfica

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss