Alfonso Rueda e Antonio Ameijide destacan o apoio en Galicia e Lugo e critican a xestión de PSOE e BNG

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou a victoria do partido nas eleccións ao Parlamento Europeo Foto GPPP.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, enaltecendo a victoria do partido nas eleccións europeas, destacou ante o Comité Executivo do PPdeG a relevancia deste resultado non só para facer que Europa “escoite, teña en conta e coñeza a Galicia”, senón tamén como reflexo da profunda conexión dos populares galegos co sentir da comunidade: “Somos orgullosamente galegos, españois e europeos porque somos como Galicia”.
Rueda subliñou que Galicia se sitúa entre as terceiras comunidades autónomas con mellores resultados para o PP, destacando tamén o forte apoio recibido en Lugo e Ourense, sendo esta última a provincia española con maior respaldo ao partido.
O apoio total ao PP en Galicia ascendeu a case o 44%, traduciéndose nunha vitoria en 303 concellos galegos. “Este domingo triunfou o sentidiño e os galegos votaron pola estabilidade. Agora temos o deber de trasladar ese sentidiño tamén a Europa”, engadiu Rueda.
Nunha rolda de prensa ofrecida na sede autonómica do partido, a secretaria xeral Paula Prado defendeu a estabilidade e o sentidiño polos que optaron os galegos ao longo deste ano fronte ao balance que presenta a oposición: “Un BNG que non deixou de enganar, unha Ana Pontón que segue perdendo eleccións, un PSOE que non cesou nas súas liortas internas e unha Yolanda Díaz que segue destruíndo partidos”.
“Elección tras elección demostramos que, cando se lle pregunta aos galegos e galegas nas urnas, somos a súa resposta”, engadiu facendo referencia ao lema de campaña dos recentes comicios europeos nos que “Galicia volveu pedirlle a España e a toda Europa responsabilidade, bo goberno e progreso”.
Todo o contrario, asegurou, do que exemplifica o PSOE e o que significa o Goberno de Sánchez, que “volveu tirar de trilerismo lexislativo para presentar a Lei de Amnistía xusto despois das eleccións”. De aí que Paula Prado non dubidase en afirmar que “Sánchez debe rematar máis pronto que tarde unha lexislatura que nunca debeu empezar”.
Pola súa banda, o portavoz do Grupo Provincial Popular en Lugo, Antonio Ameijide, interpretou os resultados na provincia como “o principio do fin dos pactos de perdedores de PSOE e BNG”. Ameijide subliñou que Lugo foi a segunda provincia con maior apoio ao PP en España, alcanzando o 49,91% dos votos e vencendo en 64 dos 67 concellos.
En contraposición, o PSOE experimentou unha baixada de case 9 puntos porcentuais e perdeu máis de 30.000 votos, mentres que o BNG tamén viu reducido o seu apoio en máis de 1.800 votos. En Monforte, José Tomé (PSOE) perdeu 1.810 votos, un descenso do 47% respecto ás anteriores europeas, e en Sarria, Efrén Castro (BNG) perdeu 200 votos, representando unha redución do apoio nun 20%.
Ameijide concluíu afirmando que os resultados reflicten o descontento dos lucenses coa xestión de PSOE e BNG, criticando o seu “totalitarismo, autoritarismo e caciquismo na nosa provincia”. Segundo o popular, “os lucenses están fartos da súa forma de gobernar” e non apoian as súas políticas nin onde gobernan nin onde son orixinarios, nin tampouco noutros puntos da provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG celebra histórico resultado nas eleccións: “Temos Escano Galego en Europa”

Seguinte Nova

Presentouse a sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: