Arranca o programa “Da Escola á Granxa”

O deputado de Rural, Daniel García durante unha visita á a granxa SAT Lodos e Pérez. Foto GPVDL.

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a terceira edición do programa “Da Escola á Granxa”. Xa puideron gozar deste programa, escolares de 10 grupos de alumnos de infantil e primaria de centros escolares da provincia.
Un dos centros participantes foi o Colexio Martínez Otero de Foz, que tivo a oportunidade de visitar a granxa SAT Lodos e Pérez, situada na Pastoriza. Durante a súa estadía, os estudantes mergulláronse nas actividades diarias desta granxa familiar de gando vacún de leite.
O deputado de Rural, Daniel García, acompañou a visita, onde o alumnado puido colaborar na alimentación dos animais e participar nas tarefas de aleitar con biberón ás crías. Tamén tiveron a oportunidade de probar o leite fervido producido na granxa e de percorrer as instalacións, coñecendo cada unha das súas partes. Ademais, recibiron un exemplar do libro “Os Bolechas. Da Escola á Granxa”, editado pola área de Rural en colaboración con Bolanda.
Daniel García destacou a importancia destas visitas, que permiten que os nenos se acheguen á gandería e á agricultura dunha forma lúdica e educativa. O programa conta coa participación de 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural, incluíndo pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios, ofrecendo unha variedade de actividades que van desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de diferentes tipos de gando e a elaboración de produtos lácteos e marmeladas.
En total, desenvolveranse 129 actividades, entre obradoiros e visitas, das cales 51 beneficiarán ás ANPAS da provincia, contribuíndo así á educación e concienciación dos máis pequenos sobre a importancia do sector primario na economía e na produción de alimentos de calidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Coral do Liceo de Ourense triunfa en Escairón

Seguinte Nova

Monforte acolleu o XI Encontro de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss