Asoporcel renova os convenios coa Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia

A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta celebra o seu 25 aniversario, e reafirma o seu compromiso co sector agrogandeiro galego

Asoporcel, constituída en 1999, agrupa a 136 granxas asociadas, das cales 74 están na provincia de Lugo, con 2.480 cabezas de gando. Foto Porco Celta do Norte.

A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (Asoporcel) celebra o seu 25 aniversario consolidando a súa colaboración coa Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. O presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración co presidente de Asoporcel, José Barreira Alonso, que implica unha achega económica de 39.000 euros. Este apoio busca fomentar a produtividade, competitividade e rendibilidade nas granxas de porco celta da provincia.
José Tomé Roca destacou que “coa firma deste convenio, a Deputación ofrece aos gandeiros as ferramentas necesarias para acadar o máximo rendemento nas súas granxas, impulsando a profesionalización do sector e atraendo aos mozos e mozas cara a actividade gandeira”.
As actividades previstas inclúen asesoramento, formación, control sanitario, medidas de bioseguridade e mantemento das instalacións. Tamén se proporcionarán recomendacións sobre alimentación, trazabilidade da produción e aspectos comerciais e publicitarios. Este plan personalizado para cada granxa busca mellorar tanto a cantidade como a calidade da produción e ofrecer mellores oportunidades comerciais.
Paralelamente, a Consellería do Medio Rural, representada pola conselleira María José Gómez, e o delegado territorial en Lugo, Javier Arias, reafirmaron o seu apoio a Asoporcel. Nun encontro co director técnico da asociación, Iván Rodríguez, anunciaron unha axuda de 22.000 euros destinada a mellorar a rendibilidade das explotacións, a modernización en xenética e sanidade, e a eficiencia dos sistemas produtivos.
Asoporcel, constituída en 1999, agrupa a 136 granxas asociadas, das cales 74 están na provincia de Lugo, con 2.480 cabezas de gando. A entidade segue a ser un piar fundamental para o sector gandeiro galego, promovendo a formación, profesionalización e especialización dos produtores de porco celta en Galicia, contribuíndo ao desenvolvemento económico e á fixación da poboación no rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentouse a sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Alta participación na X Edición do Concurso Semente Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss