Chantada mellora e amplía o seu Punto Limpo co financiamento da UE

As melloras nas que se invisten 102.881€ mellorarán as condicións do servizo do Punto Limpo. Foto GPCC.

O Concello de Chantada está a levar a cabo unha serie de melloras e ampliacións no punto limpo do municipio, co obxectivo de ofrecer un mellor servizo e favorecer unha xestión máis eficiente dos residuos especiais. Estas actuacións son posibles grazas a unha axuda a entidades locais de Galicia para o financiamento de accións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo Next Generation UE.
Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Otero, “o punto limpo para un concello como Chantada estaba quedando pequeno, era necesario amplialo para ofrecer un mellor servizo, especialmente tendo en conta que os puntos limpos que circulan polas aldeas tamén deben ser tratados aquí”.
En 2024, adquirirase unha báscula para grandes volumes ou residuos de camións, o que mellorará a xestión dos materiais de entrada.
“A mellora na caracterización ou rexistro das diferentes entradas de residuos favorecerá a xestión dos materiais de entrada”, apuntou Otero.
Para 2025, instalarase un sistema de videovixilancia
Todas estas medidas contan cun investimento total de 102.881€. Estímase que tras as melloras, o punto limpo de Chantada recolla uns 100.000 quilos de residuos ao ano.
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destacou que “con estas catro anualidades quedará preparado para moitos anos. Ogallá a xente siga usando os puntos limpos e nos vexamos na necesidade de ter que amplialo outra vez. A parcela quedou preparada para unha futura ampliación se fora necesaria”.
O compromiso do Concello de Chantada con estas melloras reflicte un esforzo continuado para promover unha xestión sostible dos residuos e fomentar a conciencia ambiental entre a poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello de Chantada programa actividades de verán

Seguinte Nova

O Pazo de Sabadelle abre a exposición “O tempo que ficou no olvido”

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss