Impulso á conexión do sur da provincia de Lugo cun novo tramo da AG-22

O segundo e último tramo da nova autovía AG-22 entre A Pobra de San Xiao e Nadela, conta cunha inversión prevista de 35 millóns de euros

Acompañado pola Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o presidente Alfonso Rueda visitou a zona dos 13,5 quilómetros que unirán Nadela e Sarria. Foto GPXG.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou a pasada semana «o compromiso do goberno galego coa vertebración da Galicia interior e a mellora das infraestruturas e da mobilidade na comunidade».
Este anuncio coincide co inicio do trámite de información pública e avaliación ambiental do segundo e último tramo da nova autovía AG-22 entre A Pobra de San Xiao e Nadela, cunha inversión prevista de 35 millóns de euros.
Rueda sinalou que se espera licitar as obras a finais de 2025 e adxudicalas para comezar os traballos en 2026.
Acompañado pola Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o presidente visitou a zona dos 13,5 quilómetros que unirá Nadela e Sarria.
Destacou as vantaxes deste tramo, que permitirá desdoblar o corredor de alta velocidade, mellorando a conexión entre o sur da provincia de Lugo e a súa capital.
Este proxecto transformará a actual estrada en autovía, reducindo os tempos de viaxe e aumentando a seguridade nos adiantamentos grazas aos dous carrís en cada sentido. Calcúlase que preto de 100.000 usuarios se beneficiarán desta nova infraestrutura, que permitirá circular a 120 quilómetros por hora e mellorará o transporte de mercadorías. Ademais, os novos itinerarios entre Lugo, Ourense, Valdeorras e a Ribeira Sacra contribuirán a reducir os tempos de viaxe e facilitar a comunicación entre os Camiños de Santiago Francés, Primitivo e de Inverno.
Rueda subliñou o compromiso do seu goberno coas infraestruturas, prometendo estas melloras nos primeiros 100 días do seu mandato.
Tamén destacou que Galicia incrementou nun 70% a rede de vías de alta capacidade de titularidade autonómica nos últimos anos, con máis de 50 quilómetros libres de peaxe só na provincia de Lugo. Actualmente, máis do 80% da poboación galega atópase a menos de quince minutos dunha vía de altas prestacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte apoia a cultura local con 12.000 euros en subvencións

Seguinte Nova

A socialista Pilar García Porto pide «menos fotos e máis traballo» ao Presidente da Xunta

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss