Corenta anos facendo radio, e corenta anos facendo de Monforte e a súa comarca a súa patria chica, Rafa Aguiar, alma mater da actual Radio Monforte, é historia viva da radio e a comunicación local, pero tamén é presente, pois desde www.radiomonforte.com, dá voz a todo aquel que ten algo que contar na nosa comarca. Por iso a homenaxe é máis que merecida, por iso foron numerosos os que se quixeron estar con Rafa o pasado 5 de xuño no Ateneo Casino, onde tivo lugar. Especialmente emotiva foi a intervención de Mar López Sotelo, que foi a encargada de repasar a vida profesional de Rafael Aguiar. Houbo moito público, así como diversas autoridades da cidade e dos concellos veciños. Parabéns, e que veñan outros corenta máis.•