Monforte acolleu o XI Encontro de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia

O pavillón municipal da Pinguela acolleu ó XI Encontro de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, recibiron cordialmente aos asistentes do XI Encontro de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia. O Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela foi o escenario desta acollida, onde aproximadamente 500 persoas procedentes de todas as delegacións de Galicia se deron cita.
Durante o evento, ás 11.00 h, tiveron lugar as intervencións institucionais, onde o Alcalde deu a benvida aos asistentes e destacou a importancia socioeconómica e turística desta xuntanza para Monforte e a Ribeira Sacra. Ademais do Alcalde, participaron no acto varios representantes de UGT, así como o Secretario Xeral de UJP-UGT. Durante o evento, foron homenaxeados afiliados de UGT con máis de 90 anos, recibindo unha peza de Sargadelos en recoñecemento á súa traxectoria.
Tras os actos no Pavillón de A Pinguela, os asistentes puideron desfrutar dunha visita ao centro histórico da cidade e dun xantar de confraternidade no Pavillón polideportivo Doutor López Suárez. Como agasallo institucional, o Concello de Monforte entregou 500 bolsas de papel personalizadas e guías turísticas oficiais da cidade e do Camiño de Inverno a Santiago.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arranca o programa “Da Escola á Granxa”

Seguinte Nova

Acto de Gradación no IES Daviña Rei

Últimas noticias sobre EVENTOS

Xornada Micolóxica en Pantón

Pantón acolle o domingo 17 unha xornada micolóxica, que inclúe unha charla sobre Introdución á Micoloxía e aos fungos medicinais, a cargo
Ir aInicio

Don't Miss