Monforte apoia a cultura local con 12.000 euros en subvencións

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que o Concello abre unha nova convocatoria de subvencións para asociacións culturais, lúdicas, recreativas e formativas sen ánimo de lucro.
A iniciativa, aprobada polo equipo de goberno o pasado 3 de xuño, destinará un total de 12.000 euros para apoiar actividades realizadas durante o 2024.
Estas subvencións, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 8 de xuño, están dirixidas a entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
As asociacións interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o luns 1 de xullo. Unha vez concedidas, as entidades terán ata o 2 de decembro de 2024 para xustificar os gastos.
O importe máximo de cada subvención será de 1.000 euros, cubrindo ata o 70% do investimento subvencionable. O alcalde destacou a continuidade do apoio financeiro, manténdose a mesma contía que no ano 2023, para promover actividades culturais vitais para o desenvolvemento da cidade, como charlas, conferencias, publicacións, concertos e outros eventos.

REQUISITOS E FINALIDADE DAS AXUDAS
Para optar a estas subvencións, as asociacións deben:

  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Non ter débedas co Concello nin coa Facenda estatal ou autonómica, e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  • Ter xustificado debidamente subvencións anteriores.
    Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións deportivas e entidades sociais, que teñen liñas de axuda específicas.
    As subvencións están destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades culturais, excluíndo gastos de reforma de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro, festas patronais, comidas e eventos relixiosos.
    O alcalde subliñou que estas axudas son esenciais para apoiar iniciativas que dinamizan a vida cultural de Monforte de Lemos e complementan os programas dos servizos culturais municipais, especialmente nun momento onde o apoio á cultura é fundamental para a sociedade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

10 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética nas empresas turísticas

Seguinte Nova

Impulso á conexión do sur da provincia de Lugo cun novo tramo da AG-22

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss