O BNG celebra histórico resultado nas eleccións: “Temos Escano Galego en Europa”

Ana Pontón e Ana Miranda destacan o respaldo dos galegos e galegas nas eleccións europeas. Foto GPBNG.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrou o que considera unha xornada histórica nas eleccións europeas, alcanzando o obxectivo marcado de conseguir un escano galego no Parlamento Europeo. Así o afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que valorou o apoio de case 180.000 galegos e galegas como fundamental para este logro. «Somos o BNG e temos un escano galego en Europa», proclamou a electa eurodeputada Ana Miranda, emocionada durante a súa comparecencia na Nave de Vidán.
Ana Pontón agradeceu o respaldo dos votantes, subliñando que este resultado confirma que o BNG está en ascenso constante en apoio social e electoral. «Somos un BNG á alza que non ten teito, imparable na defensa dos dereitos e liberdades do pobo galego», enfatizou a líder nacionalista. Pontón tamén destacou a campaña electoral desafiante, deseñada para ser bipartidista e centralista, pero que non impediu o crecemento do nacionalismo galego como forza política esencial.
Miranda, á súa vez, comprometeuse a representar con firmeza a voz galega en Europa, prometendo traballar pola xustiza social, a paz e os dereitos humanos. «Seremos a voz forte de Galiza e de todas as causas xustas da humanidade».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Satisfacción dos socialistas lucenses

Seguinte Nova

Alfonso Rueda e Antonio Ameijide destacan o apoio en Galicia e Lugo e critican a xestión de PSOE e BNG

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss