O concello de Chantada programa actividades de verán

A Concellaría de Igualdade de Chantada aposta forte este verán cunha ampla programación de actividades destinadas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

DIVERXUÑO
Desde a última semana de xuño ata todo o mes de xullo, os máis pequenos poderán desfrutar tanto do Diverxuño como dos tradicionais Campamentos de Verán. Ademais, en agosto, os mozos de 9 a 17 anos terán a oportunidade de participar en talleres de competencias dixitais, unha proposta innovadora deste ano.
Do 24 ao 28 de xuño, o CEIP Xoán de Requeixo acollerá o Diverxuño, unha serie de obradoiros diarios que combinarán a diversión con aprendizaxes importantes sobre igualdade de xénero e outras temáticas. .
CAMPAMENTOS DE VERÁN
Os Campamentos de Verán de Chantada, unha proposta consolidada con máis de doce anos de historia, desenvolveranse en dúas quincenas: do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo, tamén no CEIP Xoán de Requeixo. Cada quincena espera acoller a uns 200 nenos e nenas, ofrecendo unha variedade de actividades lúdicas e educativas. As inscricións estarán abertas ata o 19 de xuño na recepción de Servizos Sociais do Edificio Multiusos.
Pamela Fernández, concelleira de Igualdade, destaca a importancia destas iniciativas para favorecer a conciliación familiar durante o verán: “Incorporamos o Diverxuño para ampliar a nosa oferta de lecer infantil, complementando os campamentos de verán cos que xa levamos máis dunha ducia de anos. Queremos axudar ás familias a conciliar e fomentar a corresponsabilidade durante as vacacións escolares”.

COMPETENCIAS DIXITAIS
Unha das grandes novidades este ano é a proposta de talleres de competencias dixitais para o mes de agosto, destinada a mozos e mozas de 9 a 17 anos. Esta iniciativa ten como finalidade dotar á mocidade de habilidades dixitais clave para o futuro.
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, subliña o éxito e a constante evolución destas actividades: “Cada ano melloramos e ampliamos estas actividades que marcan o tempo de lecer dos nosos nenos e mozos durante o verán. Este ano, á oferta dos campamentos e o Diverxuño sumamos talleres de competencias dixitais para agosto”.
Varela anima á participación: “Todas as actividades son gratuítas, polo que invito a toda a mocidade a aproveitar estas oportunidades que non só facilitan a conciliación das familias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festas de San Xoán 2024 en Sarria: música, cultura e tradición

Seguinte Nova

Chantada mellora e amplía o seu Punto Limpo co financiamento da UE

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss