A iniciativa solidaria «Kilómetros de Esperanza» alcanzou Quiroga, traendo consigo un ha mensaxe de apoio e concienciación sobre o cáncer infantil. Iniciada o pasado 3 de xuño en Córdoba, esta marcha en bicicleta está liderada por un pai cun fillo afectado e un enfermeiro do Hospital Universitario Reina Sofía de Córdoba. Ambos percorreron 990 km ao longo dos camiños mozárabes, pedaleando en media 100 km diarios. O obxectivo non só é visibilizar a enfermidade, senón tamén recadar fondos para a investigación, que serán destinados ao Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba. • (Foto GPCQ)