Satisfacción dos socialistas lucenses

Foto: Arquivo

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, valorou os resultados das eleccións ao Parlamento Europeo celebradas este domingo. “Os socialistas somos a forza de referencia da esquerda en Europa, así o dixeron os cidadán”, indicou. Tomé Roca afirmou que “o noso sentimento é de satisfacción e estes resultados anímannos a seguir traballando para que o proxecto do Partido Socialista chegue ao conxunto do territorio como está facendo Pedro Sánchez á fronte do Goberno de España”. Puntualizou o socialista, “estes resultados deben compararse cos do ano 2014, a última vez que votamos en igualdade de condicións que este domingo. No 2019, as eleccións ao Parlamento Europeo coincidiron na mesma xornada que as municipais. Polo tanto, se miramos os resultados do 2014, o apoio que recibimos no Partido Socialista foi moi semellante ó que recibimos onte, tendo máis de 34.580 votos”. Engadiu que dende o PSdeG “estamos convencidos de que cando volvan celebrarse as eleccións municipais, volveremos ter o respaldo dos veciños e veciñas da provincia de Lugo. Sentimos que están valorando o traballo que están facendo os alcaldes socialistas, con políticas útiles que dan resposta ás necesidades reais da xente”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A socialista Pilar García Porto pide «menos fotos e máis traballo» ao Presidente da Xunta

Seguinte Nova

O BNG celebra histórico resultado nas eleccións: “Temos Escano Galego en Europa”

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss