
O pasado 4 de xuño, celebrouse en Sober a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes” no marco do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.
O evento contou coa participación de Javier Mariño, representante da empresa de servizos de xestión, enxeñería e asesoría ambiental Cerna, Ana Randolfe presentando o proxecto FunGo, e Laura Iglesias Antonio, en representación do Técnico Foestal da Comunidade de montes de Tuiriz (Antonio Mota) e do formador resinero Francisco J. Domínguez.
Durante a xornada, subliñouse a importancia de que as Comunidades de montes unan esforzos para abordar o problema do despoboamento rural. Unha das propostas destacadas foi a formación en resinero como unha opción profesional viable no ámbito rural. A resina é un produto con alta demanda actual e presenta grandes posibilidades de crecemento e desenvolvemento na zona.
Desde Acción contra a Fame, expresouse gratitude ao Concello de Sober e ao seu alcalde pola súa implicación e participación activa nesta xornada.•