Sonia Méndez presenta a súa ópera prima «As Neves»

Foto: MONTERO

David Rodríguez, natural de A Pobra do Brollón, destaca na película ‘As neves’, que competiu na Sección Oficial do Festival de Málaga. Esta obra, dirixida por Sonia Méndez, é un thriller rural que aborda de forma honesta as consecuencias da hiperconexión dixital nos adolescentes e estreouse recentemente en Monforte, contando coa presenza do actor local.
Sonia Méndez sinala que o seu obxectivo é empatizar cos mozos protagonistas sen xulgamentos nin leccións moralistas. ‘As neves’ non se centra nos perigos das redes sociais, senón no viaxe emocional dos adolescentes tras un suceso dramático: a desaparición dunha rapaza nun entorno rural que lembra a ‘Twin Peaks’.
Méndez quixo reflectir o contraste entre a hiperconexión dixital e a falta de conexión interpersonal, escollendo un casting de actores non profesionais que falasen galego para transmitir naturalidade e espontaneidade.
O reparto inclúe a Andrea Varela, Antía Mariño, Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez e ao noso veciño David Rodríguez Fernández. A historia transcorre en ‘As neves’, un pobo galego de montaña onde un grupo de adolescentes consome setas alucinóxenas por primeira vez. Ao espertar, atópanse cun temporal de neve e a noticia de que unha das rapazas desapareceu. Inicia así unha tensa conta atrás para atopala nun pobo incomunicado sen internet. (Foto MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberta a inscrición para a 24ª edición de Artelemos

Seguinte Nova

As XVII Xornadas Xurídicas abordan a ciberseguridade e os delitos informáticos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss