As festas comezaron coa tradicional bendición do ramo de roscas, a posterior subasta, a misa solemne e a actuación da orquestra El Combo Dominicano

Onte, 13 de xuño, comezaron as esperadas festas de San Antonio en Monforte de Lemos, xunto coa Festas de Carude, as únicas que quedan das antigas festas nos barrios da cidade. Lonxe quedan xa as festas de San José, no Viveiro, as do Carmen na Estación ou as de San Pedro.
As festas comezaron coa tradicional bendición do ramo de roscas ás 9 da mañá e a posterior subasta. Unha hora máis tarde, unha salva de bombas anunciou o inicio das festividades, seguido dun animado pasarrúas e alboradas a cargo da Charanga NBA e Amigos da Pandereta. A celebración continuou coa misa solemne ás 12:30, seguida da emotiva procesión, nun día festivo para os monfortinos.

Esta primeira noite de festas, a verbena estivo moi concurrida, pola presenzada coñecida orquestra El Combo Dominicano, sen dúbida un dos pratos fortes destas festas.
Mañá, venres 14, a música continuará co Dúo Estrellas e a Orquesta Salsarena. O sábado 15, a Plaza de Santa Clara acollerá as actuacións de Lemavos e Pe de Feito, e unha sesión de tarde a cargo daorquestra Solara. A noite culminará cunha espectacular sesión de fogos artificiais e a música en directo do grupo local Malenne e a propia oquestra Solara.
O domingo 16, a clausura das festas será ao son da orquestra Saudade, poñendo así o broche final a uns días repletos de alegría e confraternización. Ademais, os máis pequenos poderán disfrutar de xogos infantís no Campo de San Antonio ao longo de todas as festividades.•