Xornada sobre lexislación e axudas ao sector turístico en Chantada

Intevención de Paloma Vázquez, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo.
Foto Laura Iglesias.

O pasado 5 de xuño, Chantada acolleu unha xornada informativa centrada na lexislación e nas axudas para proxectos turísticos, organizada no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible de Galicia, desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE.

LEXISLACIÓN SOBRE ALOXAMENTO RURAL
A charla, impartida por Paloma Vázquez, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, abordou a lexislación vixente sobre aloxamento rural e as súas distintas tipoloxías, restauración e normativas asociadas, así como as subvencións e axudas dispoñibles a través da Xunta para o sector turístico. Ademais, Vázquez comentou a normativa pendente de aprobación sobre turismo deportivo e turismo activo, enmarcada dentro das actividades complementarias dun turismo de experiencia.

TURISMO RURAL
Tras a intervención de Vázquez, abriuse un debate no que se destacou a importancia dunha correcta clasificación do «turismo rural» para evitar confusións e garantir servizos adecuados aos visitantes. Tamén se subliñou a necesidade dunha lexislación sobre turismo activo que reflicta as realidades actuais do sector, proporcionando clareza normativa sobre as funcións e ámbitos de actuación destes profesionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello do Incio inaugura un miradoiro no embalse de Vilasouto

Seguinte Nova

Novo aparcadoiro para o Polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss