A Deputación insta á Xunta a axilizar o desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explicou que con esta iniciativa os socialistas pretenden “que a Xunta de Galicia cumpra co compromiso que ten adquirido». Foto GPDL.

A Deputación de Lugo volve reclamar á Xunta de Galicia que acelere o proceso de contratación necesario para avanzar nas obras de desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte de Lemos. Esta demanda foi acordada por unanimidade no Pleno ordinario celebrado este martes no Pazo de San Marcos, onde a moción presentada polos socialistas contou co apoio do PSdeG, BNG e PP.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, subliñou a importancia desta iniciativa, destacando que “o PP e a Xunta de Galicia deben cumprir co compromiso adquirido. No Parlamento de Galicia houbo unha votación unánime para o desdobramento desde Nadela ata Monforte. Aínda que as prioridades son de Sarria a Lugo, é necesario comezar xa cos proxectos e estudos pertinentes para continuar o desdobramento ata Monforte, garantindo así a conexión con Lugo e a A-76”.
Pablo Rivera Capón, Deputado de Promoción Económica e Social, reforzou a necesidade desta infraestrutura, indicando que “estamos ante unha oportunidade histórica de vertebrar a provincia, conectando o centro co sur do noso territorio.
A Ribeira Sacra, unha comarca moi poboada e turisticamente atractiva, ten que ter unhas boas comunicacións que agora non temos”.
Rivera Capón lembrou que hai tres meses, a Deputación xa urxira á Xunta a redacción dun proxecto global para executar o desdobramento dos 54 quilómetros pendentes do corredor. Referíndose a un acto recente en Páramo, ao que asistiu Alfonso Rueda, o Deputado criticou que a Xunta tratase de “renomear as cousas para disimular o incumprimento coa capital da Ribeira Sacra”, ao anunciar a ampliación dun treito de 13,5 km que beneficiará a preto de 100.000 usuarios sen incluír aos transportistas.
Esta infraestrutura, explicou Rivera Capón, ten un alto volume de tráfico e a conversión do trazado en autovía responde a unha demanda social avalada por varios acordos unánimes no Parlamento de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Iker Fernández Codesido, prata no Campionato de España Sub18

Seguinte Nova

Comezan os traballos de limpeza da Lagoa do Parque dos Condes

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss