O Pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade unha proposta en apoio ás persoas afectadas polo proxecto da liña de alta tensión nos concellos de Sarria, Paradela, Láncara, Becerreá, Baralla, O Saviñao e Chantada. A iniciativa insta á Xunta de Galiza a estudar alternativas viables para o trazado, buscando reducir os impactos ambientais, sociais e económicos.
O vicepresidente e deputado do BNG, Efrén Castro, denunciou que o actual trazado “atenta contra o sentido común”, pois pasaría cerca de núcleos de poboación e casas, afectando a calidade de vida, saúde, recursos hídricos, biodiversidade e patrimonio. Castro valorou a unanimidade como crucial para defender os afectados e criticou a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia de 2017, que, segundo ele, favorece os intereses das empresas nos estudos de impacto ambiental.
O BNG proporcionou asesoramento e información á veciñanza para presentar alegacións ao proxecto, pendente de aprobacións administrativas.•