Chantada presenta unha ampla programación cultural para o verán 2024

O Concello de Chantada anunciou unha programación cultural extensa e variada para este verán, baixo o lema Verán Cultural 2024. Durante os meses de xullo e agosto, os veciños e visitantes poderán desfrutar de máis de vinte propostas que inclúen espectáculos de maxia, cine, teatro, música, circo e actividades infantís. As Festas Patronais en honra á Virxe do Carme, do 22 ao 27 de agosto, serán o punto culminante desta programación.
A Praza do Cantón será o principal escenario destas actividades, que comezarán cada día ás 20:00h. A primeira cita será o 4 de xullo co espectáculo de marionetas “Chef e Chof”. Seguiralle o 9 de xullo o espectáculo de circo e música “Comediante”. O 11 de xullo, os asistentes poderán gozar da obra de teatro “Os marcos da vida”. A maxia estará presente o 13 de xullo co Mago Antón, que ofrecerá varias funcións, mentres que o 14 de xullo será a quenda da comedia con “Odaiko Familiar”. O 16 de xullo, o Mago Paco traerá o seu espectáculo de maxia infantil.
A programación de xullo continuará con “A utópica rodante” o día 18, seguido polo espectáculo de acrobacias “Harmonía no aire” o 20 de xullo. O 23 de xullo, os malabares serán os protagonistas con “Eu Clown”, e o 30 de xullo haberá unha proposta para o público infantil con “Ciencia Máxica”. Ademais, o 19 de xullo no Auditorio Municipal, terá lugar o concerto de “Iberia Marimba Ensemble”.
En agosto, a programación comezará o día 1 cun taller de xogos infantís na Piscina Municipal a partir das 18:00h. As actividades na Praza do Cantón comezarán o 3 de agosto co show infantil “Circo Mentura”. O 6 de agosto, os asistentes poderán desfrutar de “A maxia do verán”, e o 8 de agosto será o turno do teatro musical “Canta xoga”. Tamén na Praza do Cantón, pero a partir das 21:00h, terá lugar o evento “Noites á luz da lúa” coa Banda de Música de Chantada.
Do 12 ao 16 de agosto celebrarase a tradicional Semana de Cine, e do 19 ao 21 de agosto, a Semana de Teatro. Estas dúas propostas levan máis de 30 edicións e atraen cada ano a familias e grupos de amigos de todas as idades, que gozan de varios días de cultura ao aire libre, como antesala das Festas Patronais. Segundo o Concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, “estas semanas de cine e teatro están consolidadas na programación cultural de Chantada, e reúnen a moitos veciños e visitantes que veñen desfrutar da nosa oferta cultural”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG esixe solucións á cobertura sanitaria de verán en Chantada

Seguinte Nova

A Deputación aproba unha declaración institucional polos dereitos LGTBIQA+

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss