Comezan os traballos de limpeza da Lagoa do Parque dos Condes

Os traballos consisten no baleirado da lagoa e a retirada dos lodos que se acumulan ó longo de todo o ano. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que as brigadas municipais iniciaron este martes, 25 de xuño, os traballos de limpeza e acondicionamento da Lagoa do Parque dos Condes, contando co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L. Esta é a décima limpeza anual que se realiza desde que Tomé chegou ao goberno en 2015, mantendo o compromiso de conservar esta zona céntrica e moi visitada da cidade.
O proceso de limpeza comeza co baleirado da auga mediante unha motobomba e continúa coa extracción do lodo acumulado no fondo da lagoa usando unha máquina paleadora. O custo da bomba é de 300 euros, mentres que os traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.
O Alcalde destacou a importancia da lagoa como un espazo emblemático para os monfortinos e visitantes, subliñando que o seu mantemento é esencial para ofrecer unha boa imaxe da cidade. Ademais, operarios municipais desbrozarán o entorno da lagoa para mellorar a súa aparencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación insta á Xunta a axilizar o desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte

Seguinte Nova

Apoio unánime á procura de alternativas ao trazado da liña eléctrica

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss