Convocado o 1º Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións

Foto Envato

Xa está aberto o prazo para participar no 1º Certame de Relatos Manuscritos organizado por Peruchela Edicións, que se estenderá ata o 23 de agosto. O concurso está dirixido a persoas a partir de 8 anos, en dúas categorías: infantil (8-14 anos) e adultos (maiores de 15 anos).
Os relatos deben ser orixinais e inéditos, escritos a man con tinta azul, de tema libre e cunha extensión máxima de dúas páxinas. Os participantes poden enviar os seus traballos escaneados a edicion@peruchela.es ou por correo ordinario á Rúa Doutor Casares, 58, 27400 Monforte. É necesario incluír nome, apelidos e correo electrónico, podendo usar pseudónimo. Cada participante pode presentar un máximo de dous relatos en diferentes idiomas.
Os premios para a categoría infantil son: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€. Para a categoría de adultos: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€. Para máis información, os interesados poden contactar a través do correo electrónico edicion@peruchela.es ou na dirección postal Rúa Doutor Casares, 58, 27400 Monforte. Peruchela Edicións anima a todos os amantes da escritura a participar e compartir as súas creacións literarias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pleno extraordinario en Monforte para honrar ao Duque de Alba

Seguinte Nova

O San Xoán en fotos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss