Emotiva gradación dos alumnos de sexto de primaria no CEIP de Quiroga

Durante a ceremonia, non faltaron os diplomas que acreditan a súa condición de exalumnos do CEIP de Quiroga. Foto GPCQ.

A semana pasada, a Casa de Cultura de Quiroga foi o escenario dun dos momentos máis emotivos do ámbito escolar local: a gradación dos alumnos de sexto de primaria do CEIP de Quiroga. Neste acto, alumnos e profesores compartiron unha emotiva despedida nun evento que recordarán para sempre.
O acto estivo cargado de simbolismo e recordos. A través de representacións teatrais, fotos e vídeos, os graduados fixeron un repaso polos anos vividos no centro educativo, emocionando tanto aos seus mestres como ás súas familias, que non perderon detalle dende as butacas e capturaron cada momento cos seus teléfonos móbeis.
É o fin dunha etapa importante na súa formación, pero tamén o comezo dun novo camiño. Durante a ceremonia, non faltaron os diplomas que acreditan a súa condición de exalumnos do CEIP de Quiroga. Entre risas, abrazos e algunhas bágoas de emoción, os estudantes despedíronse nun ambiente de camaradería e nostalxia.
Este acto non só celebrou os logros académicos dos graduados, senón que tamén destacou os lazos de amizade e o apoio da comunidade educativa de Quiroga, preparando así o terreo para os próximos desafíos que agardan aos novos estudantes da ESO.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Punto Limpo Móbil retoma o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Preséntase o programa turístico Descubrir Quiroga

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: