Inaugurada a Casa Museo Genia Trigo en Sober, un espazo dedicado á arte e a cultura

Na Casa Museo, unha das labores principais será a recuperación do patrimonio material e inmaterial do campo galego

Modesto Trigo departindo con Julia Otero, nun momento do acto de inauguración de Cása Museo Genia Trigo. Foto MONTERO.

O pasado sábado, Sober celebrou a inauguración oficial da Casa Museo Genia Trigo, un proxecto que culmina tras tres anos de traballo. Situada na casa natal do pintor Modesto Trigo en Gundivós, esta casa museo abre as súas portas como un centro de arte e cultura que promete marcar un antes e un despois na Ribeira Sacra.
O evento, nun ambiente de celebración e arte, contou coa presenza destacada de diversas personalidades do ámbito cultural e político. Entre os asistentes destacaron Ilias Durán, catedrático de Estética e Teoría das Artes na Universidad Carlos III de Madrid e amigo persoal de Modesto Trigo, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o propio artista.
Modesto Trigo Trigo, nado en 1960, é un pintor galego que conseguiu conquistar Madrid coa súa obra firme e técnicamente perfecta. A súa pintura vai máis alá do hiperrealismo, buscando capturar o espírito e a esencia das súas temáticas. Caracterizada por atmósferas que transmitem a sensación do espazo e a vida contemporánea con todas as súas contradicións, a obra de Trigo é unha fusión de estilos que combina elementos impresionistas, realistas e abstractos.
A Casa Museo Genia Trigo ofrece un espazo etnográfico onde se exhiben pezas e elementos da cultura local, así como áreas destinadas a clases, talleres e residencias para turismo rural. Agárdase que a segunda fase de rehabilitación inclúa unha cantina para catas e degustacións gastronómicas, ampliando así a oferta cultural e turística da Ribeira Sacra.
As obras de Trigo, que non se expuxeron en Galicia ata 2016, ofrecen unha colección representativa do seu traballo, que abarca desde paisaxes urbanas e retratos, ata composicións hiperrealistas e surrealistas que reflicten a súa evolución artística ao longo dos anos.
A presenza na inauguración de figuras como a recoñecida periodista Julia Otero e o destacado bodeguero Fernando González, propietario da bodega Algueira en Sober, subliña a importancia cultural e social deste novo espazo na Ribeira Sacra. A casa museo promete non só atraer visitantes e turistas, senón tamén enriquecer a vida cultural da comarca, proporcionando un lugar de encontro e aprendizaxe para os amantes do arte e a historia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aproba unha declaración institucional polos dereitos LGTBIQA+

Seguinte Nova

O programa de TVE ‘Las rutas de Verónica’ visita a Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: