Monforte recibe a Vasoira de Platino 2024 pola súa xestión de residuos

Foto GPCM.

Monforte segue a destacar pola súa exemplar xestión dos residuos. O alcalde José Tomé Roca recolleu en Madrid o premio Vasoira de Platino 2024, outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente na Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente, celebrada en IFEMA.
A cidade foi recoñecida por apoiar e difundir as boas prácticas na xestión dos residuos e limpeza urbana, así como polo desenvolvemento de proxectos e tecnoloxías para unha xestión sostible. O alcalde destacou que “este galardón culmina o traballo ben feito desde que en 2023 iniciamos a recollida de lixo orgánico, sendo un dos primeiros concellos da provincia de Lugo en facelo”.
ATEGRUS destacou o plan de xestión de materia orgánica de Monforte, adaptado ás necesidades dos cidadáns: no ámbito urbano mediante o sistema de cubeo porta a porta, no periurbano a través de contedores con chave, e na zona rural con composteiros individuais.
José Tomé salientou os excepcionais datos de recollida de materia orgánica, con 25.000 quilos mensuais, o que representa 1.000 quilos diarios. “Somos a cidade que máis recolle, igualando o volume de Lugo e Ourense xuntas”, afirmou, agradecendo aos veciños a súa colaboración.
O alcalde tamén subliñou que a recollida aínda non inclúe a hostalería, que se sumará ao plan en setembro. O Plan Municipal de Xestión dos Residuos de Orixe Orgánica, inclúe accións tanto na zona urbana como rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sogama estuda actualizar o canon de xestión de residuos que aplica aos concellos

Seguinte Nova

A Xunta aproba a gratuidade total de matrícula para graos e ensinanzas artísticas superiores

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: