O BNG esixe solucións á cobertura sanitaria de verán en Chantada

Iago Suárez considera que “non se pode repetir o vivido en novembro de 2023, cando houbo só un médico para atender todas as urxencias e as citas de atención primaria” Foto BNG.

O deputado do BNG, o chantadino Iago Suárez, levará ao Parlamento a problemática da cobertura sanitaria no centro de saúde de Chantada, cuestionando ao Goberno do PP sobre a planificación das vacacións do persoal cara ao verán. Suárez recordou a grave situación vivida en novembro de 2023, cando só houbo un médico para atender urxencias e citas de atención primaria, advertindo que non se pode repetir.
Ademais, preguntará pola estimación de médicos que a Xunta considera necesarios para o centro de saúde de Chantada, que atende a máis de 8.000 persoas. A Plataforma “Chantada quere sanidade” mobilizou á veciñanza en xaneiro para solicitar unha asistencia sanitaria adecuada e evitar situacións insostibles como as do pasado novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobación unánime ao proxecto do Museo Manuel Jorge en Chantada

Seguinte Nova

Chantada presenta unha ampla programación cultural para o verán 2024

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: