O Centro-Privado Concertado (CPR) Belarmino Fernández Iglesias, pertencente á Fundación do mesmo nome, informa que para o vindeiro curso académico 2024-2025 impartirá dous Ciclos Formativos: Servizos en Restauración e Cociña e Gastronomía a nivel de Grao Medio, así como o Ciclo de Grao Superior en Vitivinicultura.
Os Ciclos de Grao Medio teñen unha duración de dous anos académicos, iniciando as clases o día 11 de setembro e finalizando o 20 de xuño. Para acceder a estes ciclos requirese estar en posesión de certas titulacións como o Bacharelato ou equivalentes, entre outras opcións detalladas nos requisitos de admisión.
Pola súa banda, o Ciclo de Grao Superior en Vitivinicultura tamén se impartirá durante dous cursos académicos, seguindo o mesmo calendario lectivo. Para acceder a este ciclo requirese ter o Bacharelato ou títulos equivalentes.
O prazo para solicitar a admisión nos Ciclos Formativos comeza o día 24 de xuño e remata o día 4 de xullo ás 13:00 horas. A documentación necesaria inclúe o NIF, NIE ou pasaporte e a certificación académica correspondente. É importante sinalar que os estudos son totalmente gratuítos, co único pago do seguro escolar de 1,15 euros para estudantes menores de 28 anos ao momento da matrícula.
O CPR Belarmino Fernández Iglesias tamén ofrece oportunidades internacionais aos seus estudantes a través de proxectos Erasmus+, permitíndolles realizar prácticas no estranxeiro. Ademais, conta cun servizo de bolsa de emprego para facilitar a inserción laboral dos seus titulados.
Para obter máis información sobre os ciclos formativos, os interesados poden contactar chamando ao 982 460 469 ou visitando a web da Fundación Belarmino Iglesias: https://fundacionbelarmino.com/. O horario de atención ao público nestas datas será de 09:00 a 14:00 horas.•
Últimas noticias sobre EDUCACIÓN
A Fundación Barrié anunciou a convocatoria da quinta edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, dirixido a
Institucións como a Deputación, claustros de profesores como o do IES Río Cabe de Monforte e
Deu comezo un novo curso no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga, que iniciou
O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando
O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando