O Punto Limpo Móbil retoma o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

A primeira parroquia do Punto Limpo Móbil será Parada dos Montes, onde estará os días 2 e 3 de xullo. Foto GPCAPB.

O Concello da Pobra do Brollón, comprometido co respecto polo medio ambiente e a mellora na xestión dos residuos domésticos, anuncia a reactivación do servizo de Punto Limpo Móbil a partir do 2 de xullo. Esta iniciativa busca facilitar á veciñanza a reciclaxe de diversos refugallos xerados nos fogares.
O Punto Limpo Móbil permitirá a recollida de residuos específicos como pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras. A primeira parada deste servizo será na parroquia de Parada dos Montes, onde estará dispoñible os días 2 e 3 de xullo. A partir de aí, continuará o seu percorrido por todas as parroquias do concello, seguindo unha ruta lóxica para garantir unha operatividade efectiva. O Punto Limpo Móbil situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá durante dous días en cada parroquia.
As vindeiras paradas do mes de xullo serán as seguintes:
Parada dos Montes: 2-3 de xullo
Salcedo: 4-7 de xullo
Lamaigrexa: 8-9 de xullo
Castroncelos: 10-11 de xullo
Barxa de Lor: 12-14 de xullo
A Estación: 15-16 de xullo
O concello pide a colaboración da cidadanía para que faga un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coide das súas instalacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festa de fin de curso no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Emotiva gradación dos alumnos de sexto de primaria no CEIP de Quiroga

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss