Sogama estuda actualizar o canon de xestión de residuos que aplica aos concellos

Sogama estuda actualizar o canon que aplica aos concellos por asumir a xestión e o tratamento dos seus residuos en resposta ás decisións do Goberno central adoptadas no último ano e medio e que están a ter un grande impacto económico no custo do servizo.• (Foto Sogama en Cerceda)

A Sociedade Galega de Medio Ambiente está a considerar a actualización do canon aplicado aos concellos para a xestión e tratamento dos seus residuos, en resposta ás recentes decisións do Goberno central que impactaron significativamente no custo do servizo. A Xunta transferirá 9 millóns de euros ás 295 entidades locais adheridas ao modelo Sogama este ano para minimizar o impacto desta medida.
O Consello de Administración de Sogama reuniuse hoxe para analizar a situación e avaliar a proposta de revisión do canon para o ano 2024. Informouse que o novo imposto estatal á vertedura e á incineración, en vigor desde xaneiro de 2023 e contra o que a Xunta xa presentara alegacións, supuxo un desembolso de 14,4 millóns de euros para Sogama ata o momento. Ademais, a empresa tivo que abonar 2,9 millóns de euros pola recuperación do imposto estatal do valor da enerxía eléctrica.
A estas contías engádese a eliminación, en xullo de 2023, da retribución que Sogama viña percibindo polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica, unha instalación de última xeración que emprega tecnoloxía eficiente e sustentable no seu proceso de combustión.
Como resultado, o encarecemento do servizo en 2023 cifrouse nun total de 21,9 millóns de euros, asumidos integramente por Sogama. Propúxose hoxe que o importe medio a pagar este ano polos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda quede fixado en 66 euros por tonelada, descontada xa a achega da Xunta ás entidades locais a través dun Fondo de cooperación adicional, que sería de 12 euros por tonelada.
A Federación Galega de Municipios e Provincias terá agora 10 días hábiles para presentar posibles alegacións á proposta. Unha vez transcorrido ese prazo, o Consello de Administración de Sogama volverá reunirse para facer a súa proposta á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que, previo informe do departamento de Facenda e Administración Pública, aprobará o novo canon deste ano.
Mesmo despois de aplicada a actualización proposta, o canon de Sogama seguirá sendo o máis barato de España en comparación co resto de plantas de tratamento de residuos municipais da súa mesma tipoloxía.
Ademais, a través do novo Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia, que se atopa na recta final da súa tramitación, a Xunta seguirá a articular accións e campañas orientadas a promover a prevención e redución de residuos na orixe, así como a impulsar unha correcta selección dos mesmos, incluída a materia orgánica. As cifras de reciclaxe seguirán crecendo en detrimento da cantidade depositada no contedor xenérico, o que reducirá o importe que os entes locais terán que pagar a Sogama pola xestión e tratamento dos residuos procedentes da chamada bolsa negra.
A Xunta e Sogama reiteran a súa vocación de levar a cabo unha xestión de residuos máis eficiente e sustentable, reducindo custos para as entidades locais e fomentando unha maior responsabilidade ambiental entre a cidadanía galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte presenta o cartel gañador das Festas Patronais 2024

Seguinte Nova

Monforte recibe a Vasoira de Platino 2024 pola súa xestión de residuos

Últimas noticias sobre PORTADA

ENTREVISTA A SALETA FERNÁNDEZ

A atleta monfortina fai balance da súa carreira deportiva logo de retirarse Saleta Fernández fíxonos voar a todos os monfortinos a alturas
Ir aInicio

Don't Miss