As Festas Patronais de Chantada, en honra á Virxe do Carme, terán lugar do 22 ao 27 de agosto

O Folión de Carros é un dos puntos fortes das Festas. Foto GPCC.

O Concello de Chantada vén de anunciar a programación das súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme, que se desenvolverán entre o 22 e o 27 de agosto. Estas festas, coñecidas pola súa ampla variedade de actividades e actuacións musicais, prometen este ano unha edición chea de novidades e diversión para todos os públicos.
Os concertos nocturnos arrancarán o 22 de agosto coa actuación de Los Fabulosos Weekend. Este singular conxunto músico-vocal, composto por recoñecidos artistas galegos como Chema Ríos, Alfonso Espiño, Gonzalo Sende e o popular actor e cantante Manuel Manquiña, ofrecerá un enérxico directo con versións de temas de rock clásico e outros temas propios.
O 23 de agosto será a quenda do Festival de DJ’s, que se celebrará na Praza do Pavillón e contará con artistas como Dumore, Carlos López e Marcos Magán. «Levamos varios anos organizando este Festival e dámoslle continuidade porque funciona moi ben», destaca o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez.
O día 24 de agosto terá lugar o tradicional Folión de Carros, unha Festa de Interese Turístico Galego e Ben de Interese Cultural desde 2018. A Asociación Amigos do Folión, en colaboración co Concello organiza este evento único. «O Folión é algo único, non hai outra actividade como esta en ningún lado e desde o Concello tentamos colaborar e coidar esta festa tradicional. Para o remate do Folión, contaremos coa orquestra Tango», explica Diéguez.
A programación musical deste ano está deseñada para satisfacer todos os gustos e públicos. Destacan as actuacións de importantes orquestras galegas como Los Satélites, Tango, Combo Dominicano e o Grupo América.
O domingo, 25 de agosto, actuarán Los Satélites, cunha longa traxectoria desde 1938 e 13 discos ás súas costas, e La Fórmula, que con 17 artistas ofrecerá un show diferente. Ese mesmo día celebrarase o XXXIII Certame de Bandas de Música na Praza do Cantón desde as 18:30h, coa participación de dúas bandas convidadas e a anfitrioa.
O luns, 26 de agosto, o Combo Dominicano e Olympus porán a música, mentres que durante o día se celebrará unha Festa Infantil e pola noite unha sesión de Fogos Artificiais.
O último día das festas, o 27 de agosto, celebrarase a tradicional Festa da Empanada, acompañada por charangas e grupos de gaitas. Os concertos estarán a cargo do Grupo América e a orquestra Cinema.
«Organizamos estas Festas tentando traer o mellor e que repercuta economicamente no Concello. Unha programación para todos os públicos na que seguimos confiando porque funciona. Polos datos que temos, as Festas están sendo bastante multitudinarias e a xente pásao ben, dinamizando tamén a restauración e a hostalaría local. Se as festas son boas, son boas para todos. Esperamos que o tempo acompañe porque a climatoloxía é importante para ter un bo balance das Festas», asegura o alcalde do Concello, Manuel Lorenzo Varela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Curso de Verán: A ficción fantástica

Seguinte Nova

A Xunta destina 76 millóns de euros para formación de desempregados

Últimas noticias sobre LECER

Ir aInicio

Don't Miss