A VI Edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra: un éxito rotundo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca acompañado do secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e outros representante políticos que se deixaron ver polo recinto do Malecón. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, fixo unha primeira valoración da sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, calificando o evento como “un éxito rotundo en todos os sentidos”. Este festival, celebrado recentemente, reafirmou a súa posición como un evento clave para a promoción do viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e para a proxección de Monforte como a capital da comarca, así como dun auténtico paraíso interior de Galicia.

Consolidación dun evento de referencia
José Tomé destacou que esta edición representa a consolidación definitiva do festival, non só como unha plataforma de promoción do viño da Ribeira Sacra, senón tamén como un motor de desenvolvemento para Monforte e toda a comarca. “Como a min me gusta chamar, un pedazo de paraíso do interior de Galicia”, sinalou o alcalde, quen subliñou a importancia de promover non só o viño, senón tamén os elementos culturais e turísticos que enriquecen a experiencia do visitante.

A mellor edición ata a data
Segundo o rexedor, a edición de 2024 foi a mellor celebrada ata agora, grazas a varios factores clave. “A asistencia masiva de público, con moita xente de fóra de Monforte e incluso de fóra de Galicia, a satisfacción dos adegueiros coas vendas incrementadas exponencialmente este ano, e a satisfacción dos stands gastronómicos, que me transmitiron o seu entusiasmo polas vendas acadadas, son sinais inequívocos do éxito desta edición”, comentou Tomé.

Compromiso as adegas e colaboración institucional
O alcalde destacou o compromiso das 34 adegas participantes, resaltando a súa satisfacción coa organización do festival. “Quero agradecer expresamente ao Consello Regulador a súa colaboración e, sobre todo, á xente do mundo do viño, que contribúen masivamente a este evento nunha época de moito traballo para eles. A súa presenza no festival é un esforzo engadido que se valora enormemente”, afirmou.
Tomé tamén fixo fincapé na importancia de levar o festival máis aló das fronteiras locais e autonómicas, destacando a presenza de público de diversas partes de España e do estranxeiro. “O noso obxectivo é promover o noso viño máis aló de Galicia e do resto do Estado, algo que se evidencia co crecemento continuado da asistencia de visitantes foráneos”.

Éxito nos concertos, catas e stands de alimentación
Os concertos, realizados dentro do recinto do festival, destacaron pola súa alta calidade musical e artística, atraendo a un público numeroso que permaneceu máis tempo no entorno do Malecón, contribuíndo ao ambiente festivo. A decisión de ampliar o horario de peche, tomada por primeira vez este ano, foi ben recibida tanto polos adegueiros como polos visitantes, permitindo desfrutar do evento ata o último momento.
Outro punto destacado foron as catas de iniciación, que superaron con creces a demanda prevista. “Isto indícanos que debemos ampliar esta actividade nas próximas edicións”, engadiu o alcalde.

Esforzo rganizativo e investimento económico
José Tomé subliñou o esforzo organizativo e económico realizado polo Concello de Monforte para levar a cabo o festival, que supón unha inversión superior aos 250.000 euros. “Gústame chamarlle investimento, posto que produce un retorno económico importante, unha publicidade valiosa e un maior coñecemento do viño de Monforte e da Ribeira Sacra, que está en auxe. Isto resulta nun crecemento do turismo e doutros sectores económicos como o comercio e a hostalería, incrementándose a demanda de prazas hoteleiras e pisos turísticos, o que sen dúbida é unha boa noticia para o desenvolvemento económico da nosa comarca”.
O evento desenvolveuse con total normalidade, grazas á coordinación da Policía Local e a empresa de seguridade contratada, o que foi clave para garantir o bo desenvolvemento do festival. “Temos que felicitarnos todos pola normalidade e o éxito desta edición”, afirmou o alcalde.

Planificación para futuras edicións
Concluíndo a súa valoración, José Tomé expresou a súa determinación de seguir mellorando o festival. “A partir de hoxe mesmo, xa estamos traballando na VII edición, para continuar mellorando e crecendo na promoción do viño da Ribeira Sacra”.
Con esta sexta edición, o Festival do Viño da Ribeira Sacra consolídase como un evento de referencia, non só para os amantes do viño, senón tamén como un motor de promoción turística e económica para Monforte e a súa comarca, contribuíndo a situar esta comarca como un destino imprescindible dentro do panorama vitivinícola galego e nacional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chega o Carude Rock

Seguinte Nova

DH UrbanoVila de Sarria

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss