Deportistas de Sarria e Monforte competiron nos Xogos do Eixo Atlántico

Foto GPCM.

A XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrada en Vila Nova de Famalicão e Braga, concluíu o pasado venres 5 de xullo coa entrega de trofeos ás delegacións vencedoras. Nesta edición participaron 2.400 persoas de 27 delegacións, das cales 18 eran portuguesas e 9 galegas. Os mozos competiron en balonmano, fútbol 7, voleibol, baloncesto, natación e atletismo, incluíndo modalidades adaptadas. Entre as cidades participantes estaban Sarria e Monforte, que levaron a terras portuguesas a más de 120 deportistas de diferentes modalidades deportivas. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou a excelente actuación dos atletas monfortinos O rexedor salientou especialmente as dúas medallas acadadas polo atleta Ismael Rodríguez Nieves: unha de prata nos 1.000 metros en pista masculino e outra de bronce en atletismo en ruta masculino.
En canto ás clasificacións por disciplinas deportivas, a delegación de Monforte alcanzou o 5º posto en voleibol, o 12º en fútbol, o 15º en baloncesto feminino e o 17º en baloncesto masculino. O equipo monfortino estivo composto por 83 persoas, entre deportistas e adestradores, competindo en baloncesto, fútbol 7, voleibol, atletismo e natación, tanto en categorías femininas como masculinas.
Pola súa parte, os representantes de Sarria, tamén tiveron unha actuación destacada, conseguindo o terceiro posto en fútbol masculino cadete, logo de derrotar a Maia por 4-2. O Concello de Sarria, e o seu Alcalde Claudio Garrido tamén procederán a recibir oficialmente aos seus deportistas logo da súa exitosa participación. Como ben sinala Félix Seijas, concelleiro de deportes de Sarria, en valores e comportamento non lles gañou ninguén. •

Foto GPCS.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Iker Fernández Codesio irá ao Campionato de Europa

Seguinte Nova

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial avanza coa participación cidadá

Últimas noticias sobre DEPORTES

A SD Sarriana fai historia

Gonzalo L. Torres O pasado domingo púidose vivir en Sarria uno deses máxicos momentos de identidade e comuñón entre as persoas ao
Ir aInicio

Don't Miss